luns, 17 de febreiro de 2014

A voltas coas impresoras 3D

Na reunión deste venres (14-2-2014) tiñamos planeado facer a instalación dos programas para poder imprimir na PrintRbot que nos deixou Ricardo (@ricardo2perez).

Pero ese obxectivo o conseguimos a medias, xa que apareceu Ton co seu novo xoguete a medio montar: unha prusa i3. Chegáronlle as pezas un día antes e se pasou parte da noite montándoa. Pasamos un bo rato desfrutando do novo aparello e
comezando a facer castelos no aire, soñando con empezar a facer pezas para montar cadansúa impresora. Ou polo menos, eu o pensei.

Foi a primeira reunión onde por primeira vez sentín que eu xa pouco tiña que aportar o clube, e pola contra, a dinámica xa empeza a aportarme a min. Hai dúas semáns non sabíamos si iamos a ter posibilidade de ter impresora e continuar co planeado. Dúas semáns despois,  imos a ter posibilidade de ter ese equipamento por duplicado.

O fin instalamos as aplicacións, parametrizamos a PrinRbot e despois de mercar un bote de laca Nelly (recomedada por Ricardo) tivemos un intento fallido de impresión.

Na reunión estaba Nelson, Victor, Breogan, Ton, Roberto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario