Esta entrada pretende ser un resumo das reunións que tivemos no clube de robótica os días 17, 24 e 31 de xaneiro, onde estivemos traballando o deseño de obxectos en 3D.
Para a introdución o deseño optamos por utilizar a aplicación OpenSCAD. É unha aplicación de código aberto, que se pode instalar en múltiples plataformas. Ten como principal característica que utiliza funcións coas figuras xeometricas básicas e mediante operacións, se poden combinar de forma que se poden facer deseños máis complexos.
O proceso é se codifica primeiro, logo se compila e finalmente se mostra o renderizado das figuras. Isto resulta moi familiar para os usuarios que están acostumados a programar. Non é unha aplicación do estilo o-que-fago-é-o-que-se-ve, polo que a aprendizaxe pode ser un pouco máis difícil o principio. Ademáis dese inconveniente, tamén poderíamos poñer que o editor de texto non está moi elaborado, e podería dar mellor información para asistirnos na codificación e
depuración.
Pero é eficiente e tes ti sempre o control sobre o debuxado. Pódense facer deseños modulares parametrizables, que permiten a reutilización simplemente cambiando os valores.
O primeiro venres, 17-1-2013, comentamos os elementos básicos (cubo, cilindro, esfera) e as operacións (traslación, unión, diferencia, rotación e intersección). Pódese consultar o tratado no obradoiro no seguinte enlace.
O segundo venres dos adicados o deseño 3D (24-1-2013), estivemos traballando o deseño de módulos e inclusión de parámetros. Tamén traballamos os bucles, para repeticións e operacións como hull.
O terceiro venres (31-1-2013) o adicamos a rematar a roda que comezaramos o venres anterior. Aplicando tódolos coñecementos adquiridos, co obxectivo de modelar un robot inspirado no skybot de Obijuan e compañía.
Como complemento, é para poder comparar, deixovos unha serie de enlaces onde se modela a mesma figura en distintos programas de CAD:
- Openscad
- Autocad parte I
- Autocad parte II
- Blender parte I
- Blender parte II
- Sketchup
- Autodesk-123d
- Feecad parte I
- Freecad parte II
Nestas reunións participaron Nelson, Carlos, Breogan, Victo, Juan, Ton, Roberto e Gonzalo A.
Clube de Robótica do Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. Formado por alumnos e profesores que no noso tempo libre nos adicamos a fedellar, destripar e cacharrear con motores, servos, microcontroladores e ordeadores co obxectivo de crear robots ou automatizar cousas. Utilizamos ferramentas de software libre e hardware libre, como os microcontroladores Arduino, o ordeador Raspberry Pi, as impresoras 3d, a electrónica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario